• Día Mundial do Alzheimer 2016

Como cada ano, o día 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde.
Este ano, desde o Complexo Xerontolóxico A Milagrosa, quixemos colaborar coa Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) e as súas asociacións para dar a coñecer a enfermidade, difundir o noso traballo diario e achegar á sociedade en xeral así como ás institucións públicas a problemática da enfermidade, que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas aproximadamente.
Para conmemorar o día a Dra. Pilar Marante organizou un circuíto coas pisadas que este ano fundamentan a campaña de FAGAL, MARCÁNDOLLE EL PASO Ao ALZHÉIMER (#MarcandoPasoAlzheimer). A Dra. Isabel González-Abraldes encargouse da organización das persoas usuarias para que todas puidesen participar, ademais de organizar a colaboración con FAGAL a través das redes sociais (Facebook).

Día Mundial del Alzheimer
Día Mundial del Alzheimer
Día Mundial del Alzheimer
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Podes cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal