• Os Deputados de Benestar e Patrimonio visitan as instalacións do Complexo Xerontolóxico La Milagrosa

Dona María Anxela Franco Pouso, Deputada de Benestar e D. Xesús Manuel Soto Viveiro, Deputado de Patrimonio, ambos da Deputación da Coruña visitaron as instalacións da Milagrosa, situadas na superficie cedida da Deputación do antigo colexio A Milagrosa, a fin de establecer as bases dun novo acordo de cesión, así como para facer unha posta ao día sobre a colaboración entre ambas as institucións.

Na foto podemos ver a ambos os Deputados acompañados da Presidenta da UDP A Coruña, María Luisa Ansorena, a administradora do centro (Silvia López) e o Director do Complexo (Prof. José C. Millán).

Los Diputados de Bienestar y Patrimonio visitan las instalaciones del Complejo Gerontológico La Milagrosa.
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK
Podes cambiar a configuración ou obter máis información sobre a nosa política de cookies no noso aviso legal